lunes, 16 de marzo de 2020

Important!

Hello! Moi boas a tod@s! Somos os profes de inglés de terceiro de Primaria do CEP ALTAMIRA: ANA, MARINA e DENÍS. Imos explicar agora para familias e alumnado como imos a organizar a aprendizaxe de inglés na casa.

Programaremos sesións para tres días á semana, e ademáis haberá contido adicional para os que lle queirades adicar máis tempo ou xogar a xogos e ver vídeos e cancións outros días.

As actividades serán colgadas de golpe unha vez á semana, para facelo máis sinxelo para os que teñades algunha dificultade coa conexión a internet.

As actividades serán voluntarias, de repaso e non avaliables.
Trataremos de activar coñecementos previos do alumnado e reforzar as destrezas adquiridas.

NAS CLASES NAS QUE NON TEMOS LIBRETA, PODEMOS GRAMPAR 10 FOLIOS PARA QUE TODO O TRABALLO QUEDE RECOLLIDO XUNTO.

Todos os días copiade a data.

Para a axuda das familias recomendamos a consulta de calquer dúbida lingüística e de pronunciación de:
https://www.wordreference.com/
https://translate.google.com/

Un saúdo e moito ánimo!!

2 comentarios:

  1. No veo el contenido de las actividades.

    ResponderEliminar
  2. Hola!
    Las actividades las puede encontrar en la publicación anterior donde pone "Traballo para a semana do 16 ao 20".
    Un saludo.

    ResponderEliminar