Esta é a semana do libro xa que o xoves 23 conmemórase o día do libro. Esta semana faremos un traballo especial. Imos ler un libro en inglés e facer un traballo sobre el. 😊
A continuación tedes os enlaces a dous libros, debedes ler polo menos un deles.
The Bully
The Hare and the Tortoise
Despois de ler o libro debedes facer unha ficha coma a que adxuntamos (podedes imprimir esta ficha ou facela vos coa vosa letra copiando as ideas nun folio).
A ficha debe incluir:
O voso nome (name) e a vosa clase (Class)
Sobre o libro debedes por:
- Título
- Autor ou autores
- Personaxes
- Valorar o libro mediante os emoticonos, tedes que rodear o que creades ( son: encantoume, gustoume bastante, estivo ben, un pouco aburrido ou non me gustou)
- Finalmente podedes facer un debuxo da parte do libro que máis vos gustara.
No hay comentarios:
Publicar un comentario